Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

bLogS eDucaTiv0s

por fATyMa
jueves, 04 de enero del 2007 a las 22:47
guardado en

O fenómeno dos blogs empezou a ter importancia nos países hispanofalantes, no ano 2005, para posteriormente, ir duplicando os seus visitantes. Un blog (weblog ou bitácora) é un sitio web no cal un ou varios autores escriben os seus artículos. É un sitio interactivo xa que os seus lectores poden facer comentarios aos artículos publicados, de forma totalmente gratuita. Na miña opinión, o seu uso é totalmente recomendable. Despois da miña experiencia na publicación do meu primeiro blog, creo que é unha forma divertida de contar experiencias, anécdotas e porque non, unha forma máis de aprendizaxe. Aquí vos deixo dous enlaces para que visitedes: http://infantil-0-3.blogspot.com, e www.aulablog.com. Neles contannos un pouco as ventaxas que ten a creación dun blog, o uso das TICs entre outras cousas. Aquí contannos para qué sirve un blog na aula, http://www.tinglado.net/wiki/index.php/Para_qu%C3%A9_sirve_un_blog_de_aula. Neste outro, Carlos Aguaseca, falanos da violencia doméstica infantil e adolescente, dos valores, etc: http://escueladepadres.blogspot.com.

En fin, poderíamos nomear unha gran cantiade de blogs que seguramente nos sirvan de moita axuda en algun momento das nosas vidas. Unha forma de expresión e comunicación moi aprobeitable e interesante que se está a usar cada vez máis. Un saúdo, fATy.

pRácTicaS

por fATyMa
jueves, 28 de diciembre del 2006 a las 17:01
guardado en

Hola! Antes de nada pedirvos perdon polo meu abandono da semana pasada, pero sinceramente foi unha semana bastante movida e non tiven tempo para moito...

Supoño que todos teremos a mesma sensación de tristeza...Pero esto rematou...e con que rapidez! É certo ese dito de que "todo o bo remata". Eu creo que ainda non son moi consciente (nin os nenos tampouco claro) de que non vou a volver a estar con eles, de que non volverei a ser "a profe faty"...Menos mal que non houbo despedida porque sería un rato difícil, pero con esto do festival...gracias a dios! Aínda así, teño bastante claro que volverei polo colexio a facerlles unha visita porque o merecen todo, tanto os pequechos como Mary, a profesora, que me axudou moito durante este tempo. Quero levarlles "chuches" e algo para ela, pero como a semana pasada con esto de Papá Noel xa lle regalaron golosinas...parecíame moito azúcar en moi poucos días...Máis que nada porque así tamén teño excusa para volver :) Mary xa me dixo que volvera cando quixera...Esto pareceme un pouco xeral, enton contareivos un pouco máis detalladamente como foi transcurrindo a nosa última semana.

18-19 de Decembro

Durante estos días falamos de novo do que lle ían pedir a Papá Noel e ós Reis Magos, porque como case todos cada día din algo distinto..jeje. A mestra tamén aprobeita para recomendarlle cousas, ou para convencelos de que non pidan outras...Fíxome gracia un dos nenos que cando a mestra lle dixo que ela lle ía pedir un libro, el dixo que non podía, porque ós maiores non lle traen regalos e ademáis eles na súa tenda non teñen libros, polo tanto el tampouco podía pedir un...jeje, como discurren...

Como non, Alexandre non podía deixar pasar o día sen soltar algunha lágrima...Pobre, na casa é o método que lle funciona e intenta aplicalo é escola, pero pouco a pouco vaise dando conta de que non é así. Pásalle de todo, chora porque non quere facer as fichas e prefire deixalas para outro día, ameaza ós demáis nenos con chorar...pediulle unha cousa a un deles e como non lla deixaba, díxolle "ou ma deixas ou choro...". É moi caprichoso, algo que debían intentar moldear na casa...Durante o recreo, estaba xogando con outro neno cando foi unha das nenas a xogar con eles, como Alexandre non a deixaba, Mary berroulle, e a súa reacción foi "pois eu non xogo". A mestra volveulle a berrar e doulle a elexir, ou xogaba, ou se ía sentar a recapacitar. Como non lle ían ven ningunha das dúas cousas, púxose a chorar de novo, ata que se cansou ó ver que ninguén lle facía caso e volveu a xogar. Pero non acabou aí, cando chegou díxolle á nena "pois xa non vou á túa casa", Mary escoitouno, e colleuno para falar con el. Volveu a chorar de novo, a tirarse polo chan e demáis...cando se rindeu e lle pasou a rabieta...foi xogar. Así continuamente, día tras día, e según me contou a profesora, a comezos de curso aínda era peor, pero como dixen, vai vendo que ese método non é o que lle funciona na escola.


20-21 de Decembro

O mércoles, ca mestra de Relixión fixeron as cartas para entregarlle ó Carteiro Real que viría ó día seguinte. Démoslle a cada un deles un folio dobrado á metade con algún adorno. Eles tiñan que pintalo. Os nenos de 3 e 4 anos recortaban dunha revista 2 ou 3 regalos que lle ían pedir, e pegábano na carta. Os de 5 anos, debuxábanos eles mesmos, e senon lles saía ben, recortabano e pegábano.

O xoves estaban moi nerviosos, cada vez que chamában á porta, calaban de repente por se era o Carteiro Real...Bueno, teño que recoñecelo, eu tamén estaba un pouco nerviosa porque quería vivir ese momento cos nenos, como se comportarían e cal sería a súa reacción. En xeral foi moi boa, cando chegou puxéronse moi contentos, con esa risa nerviosa pola que todos pasamos nalgunha situación...Bueno, a nena de 3 anos chorou un pouco ó principio pero collina no colo, falamos un pouco Mary e eu con ela e convencémola...Máis ben convenceuse ela soíña cando veu chegar un saco cheo de regalos que a Carteira Real lles ía dar...jejeje Sonriente Sentáronse en círculo, e un a un íanse levantando para darlle a carta. Ela falaba un ratiño con eles do que lle ían pedir, contáballes historias do seu país...jeje, era moi simpática. Despois, metían a man no saco dos regaliños cos ollos cerrados, e cada un quitaba un. Todos eran puzzles, pero cada un de debuxos distintos, dos Lunnis, de Winnie de Pooh, da Cenicienta, etc. Tamén lle deron caramelos e sacaron fotos (porque á Carteira Real acompañábaa un fotógrafo e un cámara contratados polo Concello).

Todos estos días seguimos ensaiando o baile do festival...Hai que recoñecer que durante esta última semana a todos lles saía bastante ben. Sempre está o máis torpiño e ó que non lle gusta tanto bailar, pero en xeral facíano todos moi ben. O xoves entregamos tamén as carpetas con todos os cadernos de fichas que fixera cada un deles dende comezos de curso, ían todos contentos e cando os viñeron a recoller foi o primeiro que lles dixeron ás súas mamás "mira como traballei" jejeje. Que feitos...Mentras nos metíamos os cadernos na carpeta correspondente, eles escoitaban villancicos, o cal algún deles xa sabían porque o cantáramos na clase.

 

22 de Decembro

CHEGOU O GRAN DÍA Sonriente Que nerviosas estábamos!!. Facían o baile (da película Grease) no C.P.I Camiño de Santiago, que é o colexo público que temos no Concello de O Pino, e todas as unitarias nos reuniamos alí para facer o festival xunto cos nenos do colexo. O festival comezaba ás 10:30, pero nos tiñamos que estar alí ás 10. Mary máis eu chegamos xa antes das 9:30, tomamos un café en 5 minutos e xa nos acercamos para recibir ós nenos que viñan acompañados das súas familias. Xa viñan vestidos e engominados (os nenos levaban o pelo hacia atrás) da casa, moi guap@s por certo, jejeje. Que vou decir eu claro...Eramos os cuartos en actuar. Mary estaba histérica, porque o día antes pola tarde tiveran ensaio as 3 unitarias que hai no concello xuntas (porque cada unha ensaiárao por libre, no seu colexo), faciamos o mesmo baile, e saleu un desastre...Por eso a mestra estaba tan nerviosa, tiña medo que todo saíra mal despois de tanto tempo ensaiando...Eu empeceime a poñer nerviosa cando estaban cantando os terceiros, pero estaba convencida de que o ían facer moi ben (polo menos os nenos da nosa unitaria). E así foi, sinceramente non me fixei moito en como o fixeran os nenos das outras dúas unitarias, pero os nosos non o puideron facer mellor. Mary estaba enfrente do escenario bailando con eles por se algun se perdía, e eu nunha esquina para avisar a algún por si se equivocaba. Fixerono genial, estaban super simpáticos e non é porque sexa eu, pero foi a actuación na que o público máis aplaudeu, ata lles silvaban!!.Saleu todo moi ben, grabeinos durante todo o baile menos o final, porque como empezaron a aplaudir tanto emocioneime demasiado jejejeje. Eles tamén estaban moi contentos, de feito había algún que quería bailar outra vez Sonriente.

Cando o festival rematou eles comían no Colexo Público e eu aprobeitei para marxar...Como xa dixen, non puiden despedirme (non quixen...), so lles dixen "adeus" como se nos fosemos a ver ó día seguinte...Non chorei, porque estaba tan contenta polo ben que nos saíra o festival que non tiña ganas de votar lágrima algunha...Pero cando cheguei á casa e me puxen a ver o video que grabara...entón si que chorei...Durante esta tempo deille conta de que non me equivoquei escollendo carreira porque esto é o que verdadeiramente me gusta...

Non teño máis que contarvos porque supoño que estarei igual que todos vos...Espero que esta experiencia non tarde moito en repetirse, estaredes todos dacordo...Un saúdo.

pRácTicaS

por fATyMa
viernes, 15 de diciembre del 2006 a las 19:58
guardado en

Holaa!! Hoxe foi o ultimo día da penúltima semana...Triste Puf que pouquiño nos queda... Bueno, pois hoxe a mestra disgustouse un pouco porque á mañá, cando as nais traían os nenos á escola, unha delas quixo falar ca mestra. Comentoulle que era mellor que cambiasemos o baile do festival, porque ó seu neno non lle gustaba bailar e que se ía sentir incómodo diante de tanta xente...A Mary sentoulle un pouco mal porque... cambiar o baile por un so neno...non é xusto, ademáis que todos estan moi contentos bailando, incluído o seu, que pode que teña un pouco de vergoña, pero eso pásalle a máis nenos...Claro está que non imos a cambialo (e menos faltando so unha semana), está ben oír suxerencias pero...Creo que a nai o que tería que facer sería todo o contrario, insistirlle en que baile e non animandoo para que non o faga. Agora entendo algunhas cousas...

Onte, xoves, veu ó colexo Preescolar na Casa. É un programa que fan os xoves (cada 15 días), e ó que veñen os nenos e nenas que se van incorporar ás clases o ano que ven. É unha maneira de concencialos pouco a pouco, e levano moi ben, incluso había nenas que xa non querían marchar, jejeje. Durante uns minutos estiveron con todos os nenos e xuntos cantaron "o patatero", pero despois nos xa ibamos ó recreo e quedaron na nosa clase.

Para a semana vainos a facer unha visita Papá Noel, e tamén o carteiro real que virá a recoller as cartas para entregarllas ós Reis Magos, jejeje. Díxollo onte a mestra ós pequechos. Alegraronse moito e hoxe xa houbo algún que me preguntou se viñan despois do recreo porque non lle iban entregar a carta ó carteiro porque eles xa coñecen ós Reis e xa entregaran persoalmente, jejeje Sonriente. Que felices son por estas fechas e que cheos de ilusión. Bueno, por hoxe nada máis, a semana que ven é a última, asique aprobeitadea un montón que...vaise botar moito moito de menos. Un saúdo

pRácTicAs

por fATyMa
miércoles, 13 de diciembre del 2006 a las 21:03
guardado en

Hola!! Que tal? Xa so queda unha semana como quen di...temos que aprobeitala! Aquí segue todo igual ca sempre. Esta semana xa comezamos cas fichas relacionadas co Nadal e xa decoramos a clase (bueno, ca profesora de relixión xa decoraran algo). Gústalles o Nadal tanto coma min :) ca diferenza de que eu non lle pido tantas cousas Sonriente O luns un neno trouxo unha destas revistas de publicidade onde aparecen regalos, e...se vírades todo o que tiña marcado...parece que pedía regalos para todo un país, jejeje. Pero bueno, por pedir que non quede, non? Despois que os Reis escollan o que máis lle guste (ou o máis barato Guiño). Seguimos ensaiando o baile para o festival, que é o venres que ven. Pero a cousa xa esta collendo algo de traza, están moi graciosos bailando, sobre todo unhas cuantas parexas, asique a mestra xa está empezando a tranquilizarse porque ó principio viamos todo demasiado complicado...jeje.

E nada máis, esta semana esta sendo bastante tranquila, quizas sexa porque nin o luns nin o martes viñeron os nen@s máis..."problemáticos" por decilo dalgunha maneira. O caprichoso, o-a traste, etc. jeje. Pero esperemos que veñan pronto porque xa se votan de menos. Veña, un bico a todos e a pasalo ben.

pRáCtiCaS

por fATyMa
martes, 05 de diciembre del 2006 a las 20:42
guardado en

Hola! Xa tardei en escribir esta vez...Esta semana foi pequena, só dous días e despois 2 semanas máis e xa se acaba...Llorando jeje. Hoxe foi un día moi especial porque estaba un neno de cumple (Alexandre), e ainda que eu xa o sabía, foi o primeiro que me dixeron cando cheguei ó colexio...Fixemos unha tarta de chocolate todos xuntos a base de sobaos (nada, levounos 15 minutos facela, pero non tardaron tanto en comela jejeje). Facialles moita ilusión porque cada un deles collía un sobao e tiñao que ir poñendo na bandexa. Alexandre trouxo tamén unha caixa de galletas que repartimos entre todos, e a parte, as bolsas de gominolas que repartimos ó final. Fixome recordar os meus tempos de nena cando algún compañeiro estaba de cumple que sempre levaba "chuches", porque estiveron todo o día ¿cando repartimos as bolsas? jeje. Asi que hoxe non tocou abrir batidos, nin bolsas de galletas, plátanos...jejeje.

Sen querer, hoxe tamén fun ó medico Sonriente. No recreo tres nenos empeñaronse en que tiña que xogar con eles ós medicos e eu era a enferma. Acabaronme mirando os oídos, os ollos, tomaronme a temperatura e a tensión, escoitaronme o corazon co estetoscopio...E dixeron que estaba perfectamente. Despois do recreo ensaiamos o baile para o festival de Nadal (so quedan dúas semanas e ainda teñen moito que ensaiar...jeje). Fíxome moita gracia porque Sara e Nico son mozos (pero alucino con todo o que se queren, estan sempre pendentes un do outro, e como se meta alguen con algún dos dous...jeje, son tremendos), e durante o baile, hai un paso no que as nenas lle teñen que tirar bicos ós nenos. Pois unha nena, empeñouse en tirarlle bicos a Nico porque quería que fora o seu mozo...e claro, hai estaba Sara para defender o seu, e comezou a chorar...pero o mellor, e que cando empezou a chorar foi Nico a consolala dicindolle "non chores, eu solo che tiro bicos a ti vale?". Sonriente jajajajaja. Cando o escoitamos non podiamos parar de rir, nin a mestra nin eu...

E nada máis, como esta semana xa se acabou, ata luns non volverei a escribir, vale? Que pasedes boa ponte. Un biko!!

pRáCticAs

por fATyMa
miércoles, 29 de noviembre del 2006 a las 21:41
guardado en

Hola de novo! Que tal? As miñas prácticas seguen igual ca sempre :) Fan que cada día teña máis ganas de acabar a carreira para comezar a prepararme e probar sorte, sei que é dificil visto o que teño na casa (miña nai tamén fixo infantil e a pesar de varios intentos non consigueu aprobar a oposición). Pero o lado oposto teño na miña mestra de prácticas, ten 25 anos e xa ten plaza, polo que é algo que che anima.

En canto á miña relación cos nenos, moi ben, non tiven de momento ningún conflicto directo con ningún deles, salvo o neno que xa vos comentei anteriormente (é un caprichoso e chora por todo). Pero é algo que lle pasa con todos os mestres. Cos demáis moi ben, ata conseguin que unha nena moi moi tímida se abrise a min, e eso xa é un logro, xa que hai veces que ata lle costa falar ca mestra. É unha nena á que lle costa bastante relacionarse cos demáis e ó principio pensei que só era conmigo e que a miña chegada a "asustara", pero deime conta de que non, era así con todo o mundo. Cóstalle moito falar diante dos seus compañeiros, de feito, onte por exemplo, chegaron e sempre se sentan facendo un círculo e falan ca mestra durante uns minutos. Ela preguntoulle non recordo o qué, e debeuse ver tan observada que comezou a chorar...Pero polo demáis ben.

Mañan e o venres quedarei soa co mestre de Inglés, posto que Mary non pode vir, ten que asistir a unhas eleccións como secretaria. Dixeronme que non facía falta que fora, pero...Como non, irei. Así que xa vos contarei. Un saúdo.

pRáCtiCas

por fATyMa
martes, 28 de noviembre del 2006 a las 00:39
guardado en

Holaaa!! Que tal comezastedes a segunda semana de prácticas??.Eu ben, coma sempre...Riendo Hoxe comenzamos lendo un conto... A mestra trouxo un estetoscopio (estaba relacionado ca historia), e fixolles moita ilusión escoitar o seu corazón...jejeje. Teño que dicir, que hoxe estaban especialmente traballadores, non me preguntedes porqué pero todos fixeron as súas fichas en tempo de nada...jejeje. Xa nas últimas horas, e durante a clase de ximnasia, comezaron a ensaiar o baile do festival de Nadal, está relacionado ca película Grease, e teño que dicir que, a pesar de ser un baile bastante complicado de aprender, estou segura de que o conseguirán posto que lle poñen moita ilusión. Xa temos pensado a vestimenta e a maquillaxe (que é o mellor jejejeje), van estar moi moi simpáticos. E por hoxe nada máis, xa vos irei contando a medida que vaian pasando os días.

Un bikiño a todos

Guiño

pRáCTicAs

por fATyMa
viernes, 24 de noviembre del 2006 a las 21:26
guardado en

Hola de novo!!.Que tal o levades? Eu xa estou empezando a contar os días que nos quedan de prácticas, posto que xa nos pasou unha semaniña... (e moi rápido por certo...Llorando, creo recordar que os días na facultade non pasaban con tanta rapidez...). Onte non escribín pero fago hoxe e xa vos conto un pouco estes dous días... Onte tivemos un pequeno problema cun neno (que é bastante caprichoso por certo...), porque á hora de marxar, fixeron unha fila como todos os días, pero antoxouselle que non quería poñerse nela... Sempre o fai, intenta chamar a atención dos seus compañeiros e comeza a chorar... Estivemos intentando facelo razonar pero era unha "misión imposible". Despois de case 5 minutos, decidimos que os demáis nenos salisen coas súas nais, e el quedou dentro falando ca mestra... O final, entrou en razón, pero é un neno que me sorprende, porque "cando quere", é o máis bueno do mundo e fai as súas cousas sen problema algún, pero cando non... é demasiado caprichoso... Algo que é importante correxir, pero non só na escola, aquí tamén xoga un papel moi importante a súa familia...

E hoxe... nada novo, traballamos coma todos os días e... ensineille a miña autopresentación á mestra e prometeume que para a semana se é posible xa ensinamos ós nenos. Veu algunha das vosas tamén e gustaronlle moito... Asique para a semana xa vos contarei que tal, vale?

Moitos bikos a todos, e bo fin de semana.

Burla

Sobre el blog

DiaRiO dE pRáCTiCaS

hola, chámome fATy, teño 19 anos (a punto de cumprir 20) e son de O Pino. Espero que teñades moita sorte nas prácticas e que participedes un pouco no me blog. saúdos a tod@s. fATy

Ver ficha del blog en OboLog

Login

Comentarios

pRáCticAs (antia87)
     Hola guapa! mimá, cuántas cosas para contar! Qué contenta te veo y con qué ganas; me veo ......(29 nov)
pRáCTicaS (fattymita)
hola!!.non te preocupes polo do outro día, eso pasa, ahí e na vida diaria igual. Eu moi ben, hoxe ......(23 nov)
pRáCTicaS (saruki)
hola mona!!ya veo q todo va viento en popa..yo tb voy guay, aunque weno en mi space ya puedes ver ......(22 nov)
pRáCTicaS (fattymita)
jeje.gracias nena!  pero como me vou olvidar de vos!! os pequechos estan ocupando un cachiño de ......(22 nov)
pRáCTicaS (Iria)
Ola pitufiña!!! Non che pregunto que tal porque xa mo imagino...Con tanto rapaciño pequeno ainda te ......(22 nov)

Más comentados

pRáCTicaS (4)
Hola de novo a todos. Que tal? Eu sigo igual de ben ca sempre, día a día imos vivindo cousas ...
pRáCticAs (1)
Hola de novo! Que tal? As miñas prácticas seguen igual ca sempre :) Fan que cada día teña máis ...
bENviDa (1)
  oLa a Tod@s! DaRv0s a BeNVida ó mEu n0v0 bl0g, no quE eSper0 qUe deiXeDes aLGúN c0menTari0 seMpRe ...
pRáCTicaS eSCoLaRes (0)
Holaaa! qtal? Imaxino que todos estaredes tan ilusionados coma min con esta nova vivencia!!. Oxalá ...
pRáCTicAs (0)
Hola de novo!!.Que tal o levades? Eu xa estou empezando a contar os días que nos quedan de ...

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google