Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

pRácTicaS

por fATyMa
jueves, 28 de diciembre del 2006 a las 17:01
guardado en

Hola! Antes de nada pedirvos perdon polo meu abandono da semana pasada, pero sinceramente foi unha semana bastante movida e non tiven tempo para moito...

Supoño que todos teremos a mesma sensación de tristeza...Pero esto rematou...e con que rapidez! É certo ese dito de que "todo o bo remata". Eu creo que ainda non son moi consciente (nin os nenos tampouco claro) de que non vou a volver a estar con eles, de que non volverei a ser "a profe faty"...Menos mal que non houbo despedida porque sería un rato difícil, pero con esto do festival...gracias a dios! Aínda así, teño bastante claro que volverei polo colexio a facerlles unha visita porque o merecen todo, tanto os pequechos como Mary, a profesora, que me axudou moito durante este tempo. Quero levarlles "chuches" e algo para ela, pero como a semana pasada con esto de Papá Noel xa lle regalaron golosinas...parecíame moito azúcar en moi poucos días...Máis que nada porque así tamén teño excusa para volver :) Mary xa me dixo que volvera cando quixera...Esto pareceme un pouco xeral, enton contareivos un pouco máis detalladamente como foi transcurrindo a nosa última semana.

18-19 de Decembro

Durante estos días falamos de novo do que lle ían pedir a Papá Noel e ós Reis Magos, porque como case todos cada día din algo distinto..jeje. A mestra tamén aprobeita para recomendarlle cousas, ou para convencelos de que non pidan outras...Fíxome gracia un dos nenos que cando a mestra lle dixo que ela lle ía pedir un libro, el dixo que non podía, porque ós maiores non lle traen regalos e ademáis eles na súa tenda non teñen libros, polo tanto el tampouco podía pedir un...jeje, como discurren...

Como non, Alexandre non podía deixar pasar o día sen soltar algunha lágrima...Pobre, na casa é o método que lle funciona e intenta aplicalo é escola, pero pouco a pouco vaise dando conta de que non é así. Pásalle de todo, chora porque non quere facer as fichas e prefire deixalas para outro día, ameaza ós demáis nenos con chorar...pediulle unha cousa a un deles e como non lla deixaba, díxolle "ou ma deixas ou choro...". É moi caprichoso, algo que debían intentar moldear na casa...Durante o recreo, estaba xogando con outro neno cando foi unha das nenas a xogar con eles, como Alexandre non a deixaba, Mary berroulle, e a súa reacción foi "pois eu non xogo". A mestra volveulle a berrar e doulle a elexir, ou xogaba, ou se ía sentar a recapacitar. Como non lle ían ven ningunha das dúas cousas, púxose a chorar de novo, ata que se cansou ó ver que ninguén lle facía caso e volveu a xogar. Pero non acabou aí, cando chegou díxolle á nena "pois xa non vou á túa casa", Mary escoitouno, e colleuno para falar con el. Volveu a chorar de novo, a tirarse polo chan e demáis...cando se rindeu e lle pasou a rabieta...foi xogar. Así continuamente, día tras día, e según me contou a profesora, a comezos de curso aínda era peor, pero como dixen, vai vendo que ese método non é o que lle funciona na escola.


20-21 de Decembro

O mércoles, ca mestra de Relixión fixeron as cartas para entregarlle ó Carteiro Real que viría ó día seguinte. Démoslle a cada un deles un folio dobrado á metade con algún adorno. Eles tiñan que pintalo. Os nenos de 3 e 4 anos recortaban dunha revista 2 ou 3 regalos que lle ían pedir, e pegábano na carta. Os de 5 anos, debuxábanos eles mesmos, e senon lles saía ben, recortabano e pegábano.

O xoves estaban moi nerviosos, cada vez que chamában á porta, calaban de repente por se era o Carteiro Real...Bueno, teño que recoñecelo, eu tamén estaba un pouco nerviosa porque quería vivir ese momento cos nenos, como se comportarían e cal sería a súa reacción. En xeral foi moi boa, cando chegou puxéronse moi contentos, con esa risa nerviosa pola que todos pasamos nalgunha situación...Bueno, a nena de 3 anos chorou un pouco ó principio pero collina no colo, falamos un pouco Mary e eu con ela e convencémola...Máis ben convenceuse ela soíña cando veu chegar un saco cheo de regalos que a Carteira Real lles ía dar...jejeje Sonriente Sentáronse en círculo, e un a un íanse levantando para darlle a carta. Ela falaba un ratiño con eles do que lle ían pedir, contáballes historias do seu país...jeje, era moi simpática. Despois, metían a man no saco dos regaliños cos ollos cerrados, e cada un quitaba un. Todos eran puzzles, pero cada un de debuxos distintos, dos Lunnis, de Winnie de Pooh, da Cenicienta, etc. Tamén lle deron caramelos e sacaron fotos (porque á Carteira Real acompañábaa un fotógrafo e un cámara contratados polo Concello).

Todos estos días seguimos ensaiando o baile do festival...Hai que recoñecer que durante esta última semana a todos lles saía bastante ben. Sempre está o máis torpiño e ó que non lle gusta tanto bailar, pero en xeral facíano todos moi ben. O xoves entregamos tamén as carpetas con todos os cadernos de fichas que fixera cada un deles dende comezos de curso, ían todos contentos e cando os viñeron a recoller foi o primeiro que lles dixeron ás súas mamás "mira como traballei" jejeje. Que feitos...Mentras nos metíamos os cadernos na carpeta correspondente, eles escoitaban villancicos, o cal algún deles xa sabían porque o cantáramos na clase.

 

22 de Decembro

CHEGOU O GRAN DÍA Sonriente Que nerviosas estábamos!!. Facían o baile (da película Grease) no C.P.I Camiño de Santiago, que é o colexo público que temos no Concello de O Pino, e todas as unitarias nos reuniamos alí para facer o festival xunto cos nenos do colexo. O festival comezaba ás 10:30, pero nos tiñamos que estar alí ás 10. Mary máis eu chegamos xa antes das 9:30, tomamos un café en 5 minutos e xa nos acercamos para recibir ós nenos que viñan acompañados das súas familias. Xa viñan vestidos e engominados (os nenos levaban o pelo hacia atrás) da casa, moi guap@s por certo, jejeje. Que vou decir eu claro...Eramos os cuartos en actuar. Mary estaba histérica, porque o día antes pola tarde tiveran ensaio as 3 unitarias que hai no concello xuntas (porque cada unha ensaiárao por libre, no seu colexo), faciamos o mesmo baile, e saleu un desastre...Por eso a mestra estaba tan nerviosa, tiña medo que todo saíra mal despois de tanto tempo ensaiando...Eu empeceime a poñer nerviosa cando estaban cantando os terceiros, pero estaba convencida de que o ían facer moi ben (polo menos os nenos da nosa unitaria). E así foi, sinceramente non me fixei moito en como o fixeran os nenos das outras dúas unitarias, pero os nosos non o puideron facer mellor. Mary estaba enfrente do escenario bailando con eles por se algun se perdía, e eu nunha esquina para avisar a algún por si se equivocaba. Fixerono genial, estaban super simpáticos e non é porque sexa eu, pero foi a actuación na que o público máis aplaudeu, ata lles silvaban!!.Saleu todo moi ben, grabeinos durante todo o baile menos o final, porque como empezaron a aplaudir tanto emocioneime demasiado jejejeje. Eles tamén estaban moi contentos, de feito había algún que quería bailar outra vez Sonriente.

Cando o festival rematou eles comían no Colexo Público e eu aprobeitei para marxar...Como xa dixen, non puiden despedirme (non quixen...), so lles dixen "adeus" como se nos fosemos a ver ó día seguinte...Non chorei, porque estaba tan contenta polo ben que nos saíra o festival que non tiña ganas de votar lágrima algunha...Pero cando cheguei á casa e me puxen a ver o video que grabara...entón si que chorei...Durante esta tempo deille conta de que non me equivoquei escollendo carreira porque esto é o que verdadeiramente me gusta...

Non teño máis que contarvos porque supoño que estarei igual que todos vos...Espero que esta experiencia non tarde moito en repetirse, estaredes todos dacordo...Un saúdo.

Deja tu comentario sobre pRácTicaS

Deja tu comentario
Necesitas tener javascript activado para poder dejar comentarios

Identifícate en OboLog, o crea tu blog gratis si aún no estás registrado.

De esta forma, además, podrás mostrar tu imagen en los comentarios y no tendrás que rellenar tus datos cada vez.

Sobre esta anotación

fATyMa

fATyMa escribió esta anotación hace 3 años. En ella habla sobre Despedida.

Aún no hay ningún comentario.

Tu podrías dejar el primero.

Temas relacionados

Login

Comentarios

pRáCticAs (antia87)
     Hola guapa! mimá, cuántas cosas para contar! Qué contenta te veo y con qué ganas; me veo ......(29 nov)
pRáCTicaS (fattymita)
hola!!.non te preocupes polo do outro día, eso pasa, ahí e na vida diaria igual. Eu moi ben, hoxe ......(23 nov)
pRáCTicaS (saruki)
hola mona!!ya veo q todo va viento en popa..yo tb voy guay, aunque weno en mi space ya puedes ver ......(22 nov)
pRáCTicaS (fattymita)
jeje.gracias nena!  pero como me vou olvidar de vos!! os pequechos estan ocupando un cachiño de ......(22 nov)
pRáCTicaS (Iria)
Ola pitufiña!!! Non che pregunto que tal porque xa mo imagino...Con tanto rapaciño pequeno ainda te ......(22 nov)

Más comentados

pRáCTicaS (4)
Hola de novo a todos. Que tal? Eu sigo igual de ben ca sempre, día a día imos vivindo cousas ...
bENviDa (1)
  oLa a Tod@s! DaRv0s a BeNVida ó mEu n0v0 bl0g, no quE eSper0 qUe deiXeDes aLGúN c0menTari0 seMpRe ...
pRáCticAs (1)
Hola de novo! Que tal? As miñas prácticas seguen igual ca sempre :) Fan que cada día teña máis ...
pRáCTicaS eSCoLaRes (0)
Holaaa! qtal? Imaxino que todos estaredes tan ilusionados coma min con esta nova vivencia!!. Oxalá ...
pRáCTicAs (0)
Hola de novo!!.Que tal o levades? Eu xa estou empezando a contar os días que nos quedan de ...

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google